
‘Emprender unha acción absurda ou fóra de contexto sempre implica para quen a presenza unha carga cómica, pero cando ademais esa acción se desempeña de xeito intensivo, cunha dedicación absoluta e empregando un esforzo máis que importante a sabendas de que é un esforzo totalmente inútil, temos un absurdo ao cadrado e, polo tanto, carga cómica ao cadrado. O esforzo actúa como elemento potenciador do absurdo; a súa función é a de esaxerar. A esaxeración sempre tivo un papel importante no humor ao ser un elemento de distorsión que nos afasta da realidade e nos leva ao cómico por medio da incongruencia’.
David Arlandis e Javier Marroquí
[Extractos do texto dos comisarios para o catálogo da exposición" "Cousas que solo un artista pode facer"]
Datas:
29/01/2010 - 2/05/2010
Lugar:
MARCO(Museo de Arte Comtemporánea de Vigo)
Producción:
MARCO/MEIAC(Museo extremeño e Iberoaméricano de Arte Contemporáneo,Badaxóz)
Comisariado:
David Arlandis e Javier Marroquí
Dende o meu punto de vista o tema común de todas as pezas son os límites ,as fronteiras:os artistas propoñen situacións límites , tanto na realización das accións que propoñen nas súas obras(nalgúns casos "arriscan" a súa vida), como no diálogo que se produce co propio contexto artístico e social(que lugar ten o artista na sociedade?como mira o contexto social o arte contemporáneo e que dialogo se establece).
Todo isto contado dende a ironía , e cun punto lúdico dende logo paga a pena botarlle unha ollada, asi que ...¡PASENeVEAN!*************************************************************************************
Cousas que só un artista pode facer
(a parte dedicada a mostra da web do Marco é moi interesenta e permiteche facer case unha visita virtual a exposición, e ver e profundizar tanto nas obras dos artistas como na intencionalidade da exposición)
No hay comentarios:
Publicar un comentario